Vimianzo presentou unha viaxe polo pasado coas súas mulleres como protagonistas.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, María José Pose, sinalou que “o que presentamos ahora aquí non é unha simple camiñata a realizar un día calquera; é unha ruta sinalizada con vistas de futuro para coñecer o noso patrimonio e a historia da muller vimiancesa e da muller galega”. A corporación vimiancesa celebrou tamén unha sesión extraordinaria do Pleno este mércores 8 de marzo, ás 9:00 horas, onde se aprobou por unanimidade o cambio de nomenclatura do ‘Miradoiro Ramón Berra’ por ‘Miradoiro 8M’. A praza da rúa Torre conservará o nome de ‘Ramón Berra Pereira’, en honra a quen fora gobernador civil de Segovia entre 1987 e 1988, para posteriormente exercer o cargo na Coruña desde 1988 ata a súa morte, en 1992.
Máis de corenta mulleres de Ponteceso participaron na “Saída Cultural Á Compostela das Mulleres” con motivo do 8M.
Con motivo do 8M Día Internacional da Muller a concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso organizou unha “Saída Cultural Á Compostela das Mulleres”. Corenta e dúas mulleres animáronse a participar na viaxe na que a concelleira de Igualdade, Noelia Varela Suárez, deu lectura a un pequeno manifesto institucional polo Día Internacional da Muller, ás 13:30 da mañá. As participantes tamen puideron disfrutar dun xantar todas xuntas. Ademais o Concello de Ponteceso, tamén conmemora o Día Internacional a Muller coa iluminación morada da ponte de Ponteceso e a fonte de Corme.
