Este sábado conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro, dende a maioría de concellos da Costa da Morte mandaron todo o seu apoio ás persoas que están a pasar por esta enfermidade e as súas familias. Para conmemoralo formaron un lazo verde na maioría das prazas das vilas. O Concello de Malpica incluso lanzou un fermoso vídeo que se realizou con moito agarimo contando co alumnado do IES Urbano Lugrís, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CEIP Milladoiro, CRA Nosa Señora Do Faro en colaboración coa xunta local do Cancro de Malpica. Dende o consistorio agradecen a Xabier Díaz por deixarlles usar a súa canción “Levantarse e Caer” para esta causa.
Lazo solidario en Malpica.Lazo solidario en Vimianzo.Lazo solidario en Cabana de Bergantiños.Lazo solidario en Carballo.