Informacións contraditorias sobre o estado de saúde de Trump


O equipo médico que o trata di que evoluciona moi ben, que non ten febre nin necesita osíxeno e que mellorou da fatiga e da tose. Unha fonte anónima próxima á Casa Branca, indicou que nas últimas 24 horas os seus signos vitais foron moi preocupantes e que os próximos dous días serán críticos na súa evolución. Partidarios do mandatario, que dentro dun mes xoga a reelección nas urnas, congregáronse nas inmediacións do hospital militar Walter Reed de Bethesda, no estado de Maryland, ao que foi levado o venres oficialmente como medida de precaución.
Antes de ingresar no hospital, o presidente norteamericano afirmaba nun vídeo en Twitter que se sentía ben pero que quería asegurarse.