Informe ambiental favorable á futura planta de hidróxeno do porto exterior da Coruña

1 minutes read

A futura planta de Green H2 Langosteira contará cunha capacidade máxima de produción de 200 Nm /h (17,9 kg/h), 1 MW e todo o hidróxeno producido se destinará á mobilidade, concretamente ao seu uso en vehículos pesados (autobuses e camións), así como en maquinaria do porto. Co obxecto de acadar este fin, as instalacións contarán con dous dispensadores que proporcionarán hidróxeno aos vehículos.

O proxecto conta con 3.000 m2 na denominada explanada sur do porto exterior para albergar a planta de produción de hidróxeno para 1 MW, mais os seus compoñentes auxiliares, necesarios para garantir un correcto funcionamento, e un perímetro de valado de 220 metros.

Neste senso, na área de implantación prevista cómpre sinalar que non existen figuras de espazos naturais protexidos recollidos pola lexislación autonómica ou estatal ou hábitats de interese comunitario. A Xunta acaba de informar favorablemente desde o punto de vista ambiental o proxecto para a súa construción.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?