Inglaterra, libre de máscara e de certificado de vacinación

Inglaterra é o único territorio do Reino Unido onde apenas existen xa medidas restritivas. O uso das máscaras xa non é obrigatorio. Nin tampouco presentar o certificado de vacinación para grandes eventos. Aínda así o alcalde de Londres pide prudencia e anunciou que a máscara si seguirá a ser obrigatoria no transporte público na capital. Esta redución das medidas afectará tamén as residencias de maiores, onde a partir do vindeiro luns se eliminan as restricións e non haberá xa límite no número de familiares que poderán visitar os seus achegados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha