Iniciada a campaña de poda de árbores na Laracha

1 minutes read
  • Os traballos comezaron no campo da feira de Paiosaco e na Avenida Fisterra

A empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes –Jardinería Arce- iniciou, a instancias do Concello, a campaña anual de poda das árbores. Os traballos, que inclúen a retirada e transporte das pólas para a súa posterior eliminación, comezaron a desenvolverse no campo da feira de Paiosaco e tamén na Avenida Fisterra, á altura das Torres de Cillobre.

Estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal como as prazas Maximino Canedo e Silverio Moreda (a que alberga a igrexa parroquial), na praza da Areosa en Vilaño, no entorno do museo de Golmar e noutras zonas públicas do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias rurais.

Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas zonas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das pólas.