A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, anunciou o inicio da tramitación para a avaliación previa das zonas de concentración parcelaria de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, A Baíña-Berredo-Órrea e Basadre-Eidián-Ramil -no concello pontevedrés de Agolada- con arredor de 1.500 hectáreas implicadas en cada un dos casos para o beneficio dun total de 122 explotacións. Foi nunha reunión que mantivo con veciños interesados en seguir apostando por esta fórmula de reorganización da propiedade. Cabe destacar que en Agolada xa se remataron 13 zonas de reestruturación parcelaria, cunha superficie concentrada que acada as 5.323 hectáreas, afectando a 19.605 parcelas e a 4.876 predios resultantes de 2.121 persoas propietarias. As concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade.
24