Iniciada a execución dunha senda peonil na estrada AC-542, entre Carral e Ordes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-542, entre Carral e Ordes.

Os traballos foron adxudicados á empresa Excavaciones y Obras Candal S.L por un importe de case 48.000 euros e contan cun prazo de execución de dous meses.

Dotarase dun itinerario peonil o tramo do Camiño Inglés que discorre pola estrada AC-542, desde As Travesas, en Carral, ata o seu desvío por un camiño local que conduce ao lugar de Hospital, en Mesía, onde existe un albergue.

A intervención ten como obxectivo aumentar a seguridade dos peóns, xa que na actualidade este traxecto percórrese pola beiravía, nunha zona cun tráfico elevado debido á actividade industrial da zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha