- A empresa encargada destes traballos é Telefónica, pero os usuarios non terán que darse de alta na mesma para poder gozar do servizo
Este xoves comezaron as instalacións da fibra óptica en Corme Porto, no concello de Ponteceso, despois de cumplirse exactamente un ano da reunión que mantivo o rexedor da localidade, Lois García Carballido, co deputado socialista Diego Taibo Monelos no Ministerio de Ciencia y Tecnología. O alcalde visitara Madrid co propósito de introducir Corme Porto e todos os lugares sen fibra no Plan Español de Extensión de Banda Ancha Nueva Generación-PEMANC.
A empresa gañadora do concurso para proceder á instalación foi Telefónica, se ben os usuarios non teñen que darse de alta na mesma. Unha vez instalada a fibra óptica a veciñanza poderá facer uso da nova insfraestrutura a través da súa propia compañía.
O goberno local traballa agora para seguir estendendo a fibra a todo o municipio. Dentro da vila de Corme Porto a urbanización
Praia do Osmo «non está aínda no despegue, pero conseguirase pronto», sinala Carballido.