Iniciada a limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Sar e Sarela, en Santiago

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sar e do río Sarela, no concello de Santiago.

Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude que supera os 400 metros, no percorrido destes ríos por distintos lugares do municipio.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

O obxectivo destes traballos é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?