31
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou este xoves a mellora do firme nun tramo da autoestrada AG-55, A Coruña–Carballo. Os traballos consistirán na mellora das características superficiais do pavimento, para o que se aplicará unha capa de microaglomerado en frío. Prevese que os traballos se realicen en cinco semanas. Cabe lembrar aos usuarios extremen as precaucións de seguridade ao atoparse maquinaria pesada e persoal de mantemento traballando na vía.