Iniciada a selección do persoal que formará a cuadrilla municipal de obras e servizos da Laracha

Ata o martes permanecerá aberto o prazo de inscrición para as persoas que desexen formar parte dos procedementos de selección dos 7 traballadores que incorporará o Concello para crear unha cuadrilla de obras e servizos municipais que estará operativa durante un período de 5 meses.

En concreto incorporaranse un capataz, catro peóns e dous traballadores para servizos xerais. Farase co apoio económico da Deputación da Coruña ao abeiro do programa PEL-Concellos.

A convocatoria vai dirixida a persoas que se atopen en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que estean incluídas nalgunha situación de exclusión laboral.

A selección será polo sistema de concurso-oposición, valorándose a experiencia profesional e a formación de cada candidato, que ademais deberán realizar unha proba práctica.

Entre as funcións deste persoal estarán a realización de traballos para a instalación de sinalización viaria, reparación de beirarrúas e sumidoiros, acondicionamento do terreo para a colocación de colectores de lixo, mantemento de espazos públicos, conservación medioambiental, limpeza viaria, apoio loxístico aos servizos municipais, etc.

Related posts

Rescatados por surfeiros un pai e a súa filla logo de que a corrente os arrastrase na praia Area Maior de Malpica

Aspaber 50 anos: traxectoria, compromiso e futuro

Conclúe na Laracha a acción formativa de “Operacións de Caixa e reposición”, do Programa Integrado de Emprego