Iniciada a tramitación ambiental do futuro PXOM de Vigo

A Xunta de Galicia avanza un paso máis na tramitación do Plan Xeral de Vigo, despois de que a Administración local remitira o Documento Inicial Estratéxico e Borrador do PXOM de Vigo, así como as emendas de documentación sinaladas desde a Dirección Xeral de Urbanismo; polo que agora ábrese o prazo de consultas previas por un período de dous meses. Seguidamente, o Concello debe aprobar inicialmente o Plan xeral e sometelo a información pública e informe sectorial das administracións públicas afectadas. Finalizado este período, e unha vez integrado o resultado, o Concello solicitará -antes da aprobación provisional do PXOM- a emisión da Declaración Ambiental Estratéxica, que pon fin ao trámite ambiental que acaba de comezar.