A Xunta iniciou este luns a tramitación ambiental do proxecto do novo Hospital Público da Coruña, o ‘Novo CHUAC’, que garante a integración paisaxística dos accesos e inclúe parcelas para as novas vivendas dos expropiados. O proxecto sométese ata o 31 de agosto a información pública a efectos de tramitar a súa avaliación ambiental estratéxica.Unha vez culminado ese paso, previsiblemente en outono, someterase novamente a información pública o proxecto e recabaranse os informes sectoriais das diferentes administracións. Este mesmo ano aprobarase o proxecto e o decreto de utilidade pública dos accesos e nos primeiros meses de 2023, o proxecto íntegro do Novo CHUAC e a utilidade pública dos terreos. O documento sometido a información pública inclúe a configuración final dos accesos, o plan de mobilidade e as parcelas previstas para destinar ás novas vivendas e negocios dos expropiados.
44