O Consello Galego de Participación infantil e Adolescente, recollerá ideas e necesidades da mocidade galega mediante as cales impulsar estratexias e iniciativas á súa disposición. Así o anunciou esta mañá o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, durante a súa intervención na asemblea da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), celebrada no Centro Don Bosco.
O Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente é unha solicitude reiterada pola mocidade que permitirá conseguir máis cohesión e concienciación no conxunto da sociedade galega sobre a necesidade de protexer os dereitos da infancia e da adolescencia. Así, este órgano estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia e buscará solucións para as diferentes dificultades ás que se enfronta a mocidade desde o consenso e a colaboración.