Iniciadas as obras da nova depuradora de Sergude

1 minutes read

Os traballos consisten na execución da estación depuradora de augas residuais en Sergude-Boqueixón e colectores, deseñada para 3.000 habitantes equivalentes, o que permitirá triplicar a capacidade da depuradora actual.

Esta depuradora sitúase xunto á xa existente e, mentres se acometen as obras, a actual estación de tratamento de augas residuais permanecerá en servizo. A nova depuradora incluirá os seguintes procesos: liña de auga, liña de fangos e redes auxiliares de proceso.

Estas obras, inscríbese no marco do convenio de colaboración asinado co Concello de Boqueixón desde Augas de Galicia, que se encarga de achegar a maior parte do financiamento e contratar a execución das obras, correspondéndolle á entidade local o cofinanciamento, a xestión dos terreos para a futura planta de tratamento de augas residuais e a asunción da súa conservación e explotación unha vez rematados os traballos.

As actuacións contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.