Iniciadas as obras da rede viaria en As Meneiroas, en Coiro, na Laracha

1 minutes read

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Patrimonio, Urbanismo e Obras, Pablo Cambón, realizaron unha visita ao lugar das Meneiroas para coñecer o resultado das primeiras intervencións.

Nese núcleo as obras consisten na aplicación dunha nova capa de rodadura, na limpeza de cunetas e tamén na sinalización horizontal para facilitar o tránsito dos vehículos con maior seguridade.

Ademais, en O Coto hai catro camiños afectados polo proxecto, nos que vai ser mellorado o pavimento, instalada nova sinalización e ampliada a rede de recollida de pluviais para favorecer a drenaxe do terreo e incrementar a seguridade viaria.

O proxecto alcanza un orzamento total de 31.000 euros.

Conclúen as obras en Samiráns

Por outra parte, o Concello vén de rematar a execución das obras de mellora da estrada no núcleo de Samiráns, neste caso na parroquia de Lendo. As intervencións tamén consistiron na mellora da superficie de rodadura, incluíndo a limpeza das cunetas e a sinalización horizontal que se realizará posteriormente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?