Iniciadas as obras da senda peonil na AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, en Arteixo

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, supervisou as obras da senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-552, entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo, que contarán cun orzamento de 112.626 euros.

A actuación suporá un investimento total de máis de 150.000 euros, tendo en conta o pagamento dos predios necesarios para a execución desta intervención de mellora da seguridade viaria e de promoción da mobilidade sostible. Os traballos contan con prazo de execución de 3 meses.

Mediante esta obra, trátase de redefinir un treito de senda que posibilitará a circulación a pé ao longo dun treito desta vía autonómica, coa execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía existente e outras actuacións de reforzo da seguridade viaria.