Iniciadas as obras de mellora no acceso á praia de Lourido, en Muxía

1 minutes read
  • Trátase dunha vía de acceso moi empregada pola veciñaza e que se atopa moi afectada polas inclemencias meteorolóxicas

As obras de mellora e acondicionamento da pista que dá acceso á praia de Lourido, en Muxía, xa son unha realidade. Desde o goberno local agardan que estas obras queden rematadas antes de Semana Santa.

Esta intervención foi demandada polo equipo de goberno en reiteradas ocasións e, tras moitas xuntanzas e «complexos procesos burocráticos», comezaron a desenvolverse grazas a unha colaboración conxunta entre o Concello e Costas de Galicia.

Os operarios están reconstruíndo unha pista «moi empregada pola veciñanza e que se atopaba moi afectada polas inclemencias meteorolóxicas», destacou o alcalde, Iago Toba, quen agradeceu o apoio e consenso de diferentes administracións para «conseguir todos os recursos e melloras posibles para Muxía».