En concreto, a actuación permitirá unha mellora integral dos espazos interiores do centro para modernizalos, facelos máis accesibles, máis luminosos e con máis zonas comúns para o desfrute dos usuarios. Ademais, tamén se porá a súa disposición unha nova sala de rehabilitación. O obxectivo é actualizar este centro, con máis de 40 anos de traxectoria, e facelo máis fogar para os seus residentes.
Contará cuna actuación autonómica de 366.000 euros e prevese que os traballos rematen a finais deste ano 2023. A estas obras de mellora, súmanse as realizadas no exterior do edificio por 500.000 euros e que remataron a comezos deste mesmo ano. Neste caso, as actuacións centráronse na renovación da fachada, o cambio de ventás e da súa cuberta para mellorar a eficiencia enerxética e o confort dos usuarios.