Iniciadas as obras de ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña


O obxectivo desta actuación é ofrecer máis servizos a todas as persoas que se desprazan aos hospitais, favorecendo a mobilidade en toda a contorna ao facilitar o estacionamento. Esta intervención permitirá o acondicionamento dunha zona situada na parte traseira do Materno-Infantil, onde se atopan antigos depósitos e balsas de augas residuais.

Os traballos que se executarán, unha vez preparada a superficie, centraranse en habilitar dous espazos para aparcadoiros, con 15 e 16 prazas, respectivamente. Na actualidade, un destes espazos, aínda que sen urbanizar, xa se usa para o estacionamento. No outro habilitaranse novas prazas á disposición do hospital. Estas 31 prazas viranse sumar ás 53 habilitadas nunha actuación anterior.

Adicionalmente, habilitarase un viario perimetral, que permitirá realizar unha circulación en anel bordeando os novos aparcadoiros, conectando co camiño de Xubias de  Abaixo, que se ampliará na zona máis próxima á actuación. Paralelamente, modificarase un dos actuais accesos ao hospital Teresa Herrera para mellorar a ordenación do tráfico, dotándoo dunha configuración tipo rotonda. Os traballos están a realízanse en coordinación cos equipos sanitarios para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.