30
Os traballos, cun prazo de execución de dous meses, suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros. As actuacións previstas engloban a limpeza da cuberta e os canalóns, así como o arranxo de filtracións e o tratamento anticorrosivo das súas superficies metálicas. As obras tamén inclúen melloras nos aseos e a reparación do bordo da dársena de estacionamento dos autobuses, xunto coa instalación dun cartel identificativo. Cómpre lembrar que a estación de autobuses do Grove púxose en servizo en xuño de 2002 e ao longo deste tempo foi obxecto de distintos traballos de acondicionamento e de mellora.
