14
- Estas intervencións, valoradas en máis de 70.000 euros, están cofinanciadas polo Concello e a Xunta de Galicia
O Concello da Laracha e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia cofinancian o proxecto de mellora da estrada do núcleo de Requesende, na parroquia de Golmar, actualmente en fase de execución. A actuación contempla a mellora da superficie cun nova capa de aglomerado asfáltico, así como o acondicionamento dos sobreanchos existentes debido á realización de diversos peches de parcelas.
Esta obra está incluída no Plan de Infraestruturas Rurais. O investimento total superará os 70.000 euros, achegando a Consellería en torno ao 60 % e o Concello o 40 % restante con fondos municipais.