Esta intervención supón un investimento autonómico de máis de 43.000 euros e a empresa encargada da súa execución é Nemesio Ordóñez S.A.
A actuación consiste na rehabilitación do firme da estrada AC-261 en dous puntos da mesma: en concreto, intervense na contorna dos puntos quilométricos 2,0, en Aríns, no concello de Santiago de Compostela; e no quilómetro 8,0 en Lamas, no municipio de Boqueixón.
Os traballos en execución comprenden o fresado e a reposición de 5 cm da capa de rodaxe do firme existente nos citados puntos quilométricos. A reposición da rodaxe levarase a cabo no ancho completo dos carrís cunha capa de mestura betuminosa en quente.
Estas obras, que contribuirán a reforzar a seguridade viaria na zona, danlle continuidade ás diversas actuacións de mellora do firme que a Xunta leva acometido nos últimos anos en distintos treitos do trazado desta vía.