31
- As intervencións afectarán á vía que vai da Raxeira ata preto da Pedrosa
O Concello de Malpica iniciou este luns as obras de mellora no firme da Raxeira, na parroquia de Leiloio. Os traballos afectarán á vía que transcorre ata preto da Pedrosa e dando «resposta ás demandas da veciñanza», sinalan desde o goberno local.
Esta intervención foi solicitada ao mesmo tempo que as melloras no firme da AC-419, a estrada que une Malpica con Ponteceso, para proporcionar máis seguridade aos usuario da mesma. Desde a Executiva local aseguran que se continuarán desenvolvendo este tipo de actuacións na localidade.