Iniciadas as obras de mellora na estrada do Outeiro, na Laracha

Obras de mejora en O Outeiro_Concello da Laracha

  • O proxecto alcanza os 45.000 euros e inclúe o acceso ao santuario dos Milagres

Xa están en marcha as obras de mellora da estrada que atravesa o núcleo larachés de O Outeiro, a vía que parte da CP-1909 e que discorre xunto ao santuario dos Milagres. Trátase dun proxecto cuxo orzamento alcanza os 45.000 euros, financiados integramente pola Xunta ao estar incluído no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural.

A actuación contempla a ampliación da anchura actual da zona de rodadura dos vehículos e a nova pavimentación da vía, así como o acceso ao santuario. En total será acondicionada unha distancia lineal duns 600 metros. Ademais, en dous tramos reforzarase a seguridade coa colocación de biondas como barreira de protección para evitar posibles caídas.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, desprazáronse este mércores ata o Outeiro para comprobar o resultado dos primeiros traballos, que se prolongarán durante os próximos días.