Iniciadas as obras de rehabilitación do centro de usos múltiples de Vimianzo

1 minutes read
  • Os traballos contan cun importe total de 153.147,92 euros

O Concello de Vimianzo comezou esta semana os traballos de rehabilitación do centro de usos múltiples, intervención que contará cun orzamento de 153.147,92 euros e que se atopa dentro do Plan Único da Deputación da Coruña.

A actuación terá como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do edificio a través da sustitución de tódalas carpintarías de madeira, que presentan un gran deterioro, por unhas carpintarías de aluminio. Plantéxase tamén o pintado das fachadas e a reforma dos dous aseos existentes para facelos accesibles.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou esta intervención como “moi necesaria debido ás deficiencias que presentaba o edificio».