Iniciadas as obras de renovación do firme da estrada que une Carballo e Razo

Os traballos afectan a un treito de 6,6 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 2,4 e 9. A intervención consistirá na limpeza de cunetas ao longo do trazado, co obxectivo de mellorar o drenaxe da estrada e evitar o deterioro prematuro. Así mesmo, realizarase o fresado e a reposición puntual do firme nas zonas onde se detectaron afundimentos ou degradacións.

Como parte fundamental da obra, A Deputación da Coruña, procederá ao estendido dunha capa de mestura bituminosa quente (MBQ) cun espesor de 6 centímetros, que proporcionará unha superficie uniforme, segura e adaptada ao tránsito rodado, especialmente ao tráfico pesado. Tamén se executará o recrecido das tapas de rexistro para adaptalas á nova rasante e evitar desniveis que poidan afectar á condución.

A mellora completarase coa renovación da sinalización horizontal, que permitirá unha correcta delimitación dos carrís e incrementará a seguridade viaria, así como coa substitución ou reposición da barreira de seguridade nas marxes da estrada.

Durante as obras habilitarase circulación alternativa por un dos carrís do vial, regulada con semáforos.

Related posts

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza

O concurso de disfraces de Entroido da Laracha repartirá ata 5.000 euros en premios