Iniciadas as obras do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra

1 minutes read

Durante unha visita ás obras, o presidente Feijóo, subliñou que co inicio desta primeira fase comeza a materializarse a ampliación dun hospital que atenderá as necesidades asistenciais da poboación de 26 concellos -máis de 300.000 habitantes-, nos próximos 50 anos, mellorando unha atención hospitalaria que actualmente se presta en tres edificios separados: o Centro de especialidades de Mollabao, o Hospital Provincial e o Hospital Montecelo.

Cun investimento de 134 millóns de euros, precisou que esta fase suporá a ampliación en 91.000 metros cadrados do hospital actual, coa construción de dous edificios de 5 plantas, así como un novo edificio de hospitalización. Así, no edificio dianteiro situaranse as consultas externas que englobarán, entre outros servizos, as consultas de hematoloxía, medicina preventiva, cardioloxía ou dixestivo; e, no edificio traseiro estarán as urxencias, o bloque cirúrxico, a UCI pediátrica e os laboratorios, entre outras dependencias.