Iniciadas as obras na capa de rodadura do camiño de Leduzo, en Malpica

Obras en Leduzo, Malpica

  • Estas intervencións forman parte do proxecto de mellora de camiños xunto co de Raxeira a Tremoa e o de Filgueiras a Loroxo

O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura no camiño do lugar de Leduzo. Estas actuacións forman parte do proxecto de mellora dos camiños xunto co de Raxeira a Tremoa e o de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, actuacións de bacheo e pintado das marcas viarias. Tamén se analizarán as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, subliña que “con esta intervención seguimos avanzando na mellora das conexións interparroquiais de Malpica, para incrementar a seguridade viaria e dotar dunhas mellores infraestruturas á veciñanza”.