Iniciadas as obras no firme na AC-543, ao seu paso por Lousame e Noia


A Xunta vén de iniciar as obras de reforzo do firme na AC-543, ao seu paso polos concellos de Lousame e de Noia, e que supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros. 

Concretamente, a intervención lévase a cabo ao longo de 5 km de lonxitude da estrada, no tramo que vai do puntos quilométrico 26 ao 31 da citada estrada autonómica.

Aínda que o tráfico principal interurbano que antes soportaba a AC-543 entre Santiago e Noia agora transcorre pola vía de alta capacidade de Brión – Noia, a capa de rodaxe da vía necesita certas reparacións para asegurar o seu mantemento nunhas condicións axeitadas.

Os traballo céntranse no fresado e reposición de 5 cm da capa de rodaxe do firme existente nos puntos máis deteriorados do ámbito de actuación, que se desenvolverán no ancho completo do carril.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.