37
- Estes traballos están sendo realizados polo alumnado do obradoiro de emprego forestal
Os 12 alumnos e alumnas do obradoiro de emprego forestal que se está realizando no concello de Muxía comezaron este venres as tarefas de mellora na área recreativa de Morpeguite. Con estas intervencións preténdese revitalizar a zona, mellorar o estado da área recreativa e traballar na conservación das zonas arboradas.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, destacou que “este obradoiro é moi beneficioso para os nosos veciños e veciñas, xa que tamén serve para frear o éxodo cara as cidades”.
A formación recibida vai dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade. Neste caso trátase dun certificado de nivel 1 coa especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.