Os traballos, que suporán un investimento autonómico de máis dun millón de euros, contan cun prazo de execución de 6 meses.
A intervención levarase a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5,3.
Trátase da 1ª fase de acondicionamento dun treito de 5,3 km da estrada autonómica AC-423, na que se mellorará o firme naqueles treitos que presenten deterioros, estendendo unha nova capa de rodadura no ámbito da actuación.
Tamén se rectificarán as curvas con radio reducido -aquelas cun radio inferior aos 50 metros- nun treito aproximado de medio quilómetro.
Executaranse tres treitos de sendas en distintos puntos da estrada: un total de 1,4 km de itinerarios peonís que conectarán cos que xa hai na actualidade, para favorecer os desprazamentos a pé.
Ademais, colocaranse varandas de protección nos lugares onde hai maiores desniveis e renovarase unha marquesiña deteriorada, para garantir o acubillo e protección dos usuarios do bus.
Como actuacións complementarias, mellorarase a sinalización, os elementos de balizamento e defensas, coa reposición dos servizos afectados que sexa necesario.
39