Iniciado o campamento xuvenil da Xunta en Ponteceso

Cedida.

Xosé Lois García Carballido, alcalde do  Concello de Ponteceso e presidente da Fundación Pondal, recibiu este martes aos doce participantes do campamento de creación artística na que os nenos e nenas aprenderán a desenvolver capacidades creadoras relacionadas co ámbito artístico como música, cine, literatura e pintura. Rafael Quintia Pereira, Director de Campos de Traballo e Director de Actividades de Ocio e Tempo libre será o encargado de coordinar as actividades que realizarán os mozos e mozas durante a súa estadía na aldea de O Couto. Unha das primeiras actividades, que comezou este martes, foi pintar un mural de temática paisaxística.