Iniciado o curso de limpeza de superficies e mobiliario de Íntegro con sete participantes

Íntegro

  • Esta acción está subvencionada pola Fundación ONCE e cofinanciada polo Fondo Social Europeo

Este mércores deu comezo o curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais da asociación Íntegro, con sede en Cabana, no que participan sete persoas con discapacidade e/ou en situación de desemprego Trátase dunha acción formativa adaptada, subvencionada pola Fundación ONCE e cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) dentro do Programa Operativo POISES 2014-2020.

Ata o vindeiro 12 de maio o alumnado recibirá no centro especial de emprego ‘Mais porvir xestión social’ a formación teórica específica en materia de limpeza (160 horas), ademais das correspondentes sesións prácticas en empresas (124horas) coas que completarán o período de aprendizaxe (284 horas). Unha vez rematado o curso, levarase a cabo un programa transversal para prestar apoio individualizado na busca activa de emprego co obxectivo de promover a inclusión laboral real dos alumnos e alumnas.