As vivendas serán adxudicadas mediante sorteo público, que se celebrará o 22 de outubro entre os demandantes que estean inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia ou teñan solicitada a inscrición. As vivendas a adxudicar dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios, e cada vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho. Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida terán preferencia, en primeiro lugar, aquelas persoas que precisen de cadeira para os seus desprazamentos ou dependan absolutamente de dous bastóns para deambular. En segundo lugar terán preferencia as persoas que acrediten unha enfermidade ou discapacidade permanente que, polo seu desenvolvemento, poida chegar a impedir desprazarse sen axuda ou que afecten notoriamente a súa mobilidade.
33