A adxudicación realizarase por concurso, na valoración teranse en conta a oferta económica e o proxecto de explotación da actividade económica a desenvolver. Ademais dos postos de venda, tamén se inclúen unha cámara de frío para carnizaría e catro almacéns.
O prego de condicións publicarase en breve no perfil do contratante do Concello de Carballo, e as persoas interesadas disporán de 15 días para presentar as súas ofertas.
As licitacións realizaranse segundo ao regulamento que vén de ser aprobado, e que inclúe como principais novidades a distinción entre postos fixos e temporais.
As concesións resultantes do proceso tamén se beneficiarán do axuste á baixa dos prezos resultante do estudo económico realizado polo Concello de Carballo, de xeito que o canon redúcese entre o 12 e o 13% e as taxas mensuais, arredor do 45%.