Iniciado o proceso de contratación das obras da senda peonil e ciclista ao polígono de Bértoa

0 minutes read

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou na súa xuntanza deste luns o expediente de contratación das obras do itinerario peonil e ciclista de acceso ao polígono de Bértoa dende a AC-552, que permitirá darlle continuidade á senda actual entre a zona urbana e a rotonda de acceso ao parque empresarial.
O proxecto, elaborado pola Oficina Técnica Municipal, ten un orzamento de 119.948,98 euros. Dentro da convocatoria de mellora das infraestruturas dos parques empresariais, o concello de Carballo solicitou unha subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria, que achegará 91.588,64 euros.