Iniciado o programa ‘Creando saúde’ da asociación Vieiro

Cedida

  • Estas actividades desenvólvense nos centros escolares baixo tres bloques: habilidades sociais, información sobre substancias aditivas e o uso responsable da tecnoloxía

A asociación Vieiro puxo en marcha este mes o programa ‘Creando saúde’, enmarcado dentro das súas actividades no ámbito escolar. Esta iniciativa está destinada a rapaces que están cursando 5º e 6º de primaria nos colexios do municipio de Carballo.

‘Creando saúde’ está dividido en tres bloques: Constrúe, para proporcionarlles aos alumnos habilidades persoais e sociais; Ti elixes, onde se facilita información sobre substancias aditivas; e Des-conecta, sesións de coñecementos básicos sobre como usar as tecnoloxías con responsabilidade.

O programa desenvólvese durante o primeiro trimestre do curso escolar. As sesións, de 55 minutos, son impartidas por dous educadores sociais e unha pedagoga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha