Iniciado o proxecto de mellora viaria entre Bos Aires e O Pereiro, na Laracha

Obras en la vía entre Bos Aires-O Pereiro_Concello de A Laracha

  • A actuación, valorada en máis de 243.000 euros, será financiada con fondos municipais

As obras do proxecto de mellora da estrada que comunica os lugares de Bos Aires e o Pereiro xa están en marcha, tal e como puideron comprobar o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, nunha visita realizada este venres ao lugar das Calzadas, o primeiro punto de intervención.

A empresa Construcciones López Cao está a executar esta ampla e completa actuación contemplada no Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. O obxectivo é facilitar os accesos ao colexio tanto aos autobuses do transporte escolar como aos vehículos particulares e, tamén, a aquelas persoas que acoden ao centro a pé. Tamén se mellorarán as comunicacións cara o castro de Montes Claros e a igrexa de Vilaño.

O proxecto inclúe a ampliación da plataforma da calzada, habilitándose un carril para cada sentido de circulación, unha senda peonil diferenciada e melloras na rede de pluviais. As obras finalizarán coa correspondente sinalización viairia.

Estas intervencións están valoradas en máis de 243.000 euros e será financiadas con fondos municipais.