- Están destinados a persoas maiores e con diversidade funcional
O Concello de Malpica comezou a impartir este luns os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas maiores e con diversidade funcional. Realízaranse tanto nas instalacións do Centro Cívico municipal como nas da Casa do Oleiro de Buño.
Os obradoiros de memoria desenvólvense os luns de 10:00 a 11:00 horas en Buño, e os mércores de 10:30 a 11:30 en Malpica. No caso da formación en arranxos florais, estes impártanse en dous grupos reducidos en clases de dúas horas. Serán os luns ata o 28 de xuño en Buño de 16:00 a 18:00 horas no primeiro grupo, e de 18:00 a 20:00 horas no segundo. O Centro Cívico acollerá a segunda quenda da semana todos os mércores ata o 30 de xuño mantendo o mesmo esquema horario.
O obxectivo destas actividades é promover a saúde mental e física destes colectivos logo dun período marcado pola ausencia de contacto social e as consecuencias da covid-19.