Iniciados os traballos para a crear áreas verdes na rúa coruñesa Galileo Galilei, en Agrela

1 minutes read

A intervención, focalizada no acceso á calzada dunha pequena parcela sen urbanizar próxima ao cruzamento entre as rúas Galileo Galilei e Severo Ochoa, inclúe a disposición dun novo treito de beirarrúa, en formigón, que facilitará o acceso peonil ás naves industriais da contorna, mellorando o actual sendeiro de terra que existe actualmente nesta localización. Tamén se delimitará un novo espazo para o estacionamento de vehículos, onde se disporá un pavimento permeable en formato lousa-céspede. En paralelo, aproveitaranse os traballos para crear un pequeno espazo axardinado, que incluirá novas árbores. Esta iniciativa, que forma parte do amplo abano de medidas e melloras na urbanización que se está levando a cabo en Agrela xa desde o pasado mandato, coa renovación progresiva dos espazos públicos do polígono.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?