27
O Concello deu comezo aos traballos para a pavimentación da rúa do Bico, na parroquia de Camariñas. Unha actuación que conta cun orzamento de 48.399,33 euros e que está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña. Esta obra consistirá na reparación do pavimento da calzada e a execución dunhas novas beirarrúas. Actualmente esta rúa presenta certo grado de deterioro, que impide o seu uso normal, tanto para os peóns como para o tráfico rodado.