Novas iniciativas para a captación de empresas biotecnolóxicas

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida buscan consolidar o papel do sector biotecnolóxico en Galicia con medidas como o programa Lonxa de talento, que facilitará ao tecido industrial de recente creación a posibilidade de acceder a persoal de alta cualificación. En concreto, un convenio entre a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación –a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)– e Bioga permitirá a Galicia gañar en competitividade a nivel de xestión de bioempresas e desenvolvemento de negocio de produtos e servizos innovadores, así como a creación dun biopolo capaz de atraer a grandes empresas do eido biotecnolóxico. Dentro do convenio de colaboración, tamén se comprometen a levar adiante medidas para dinamización de instrumentos de apoio en materia de financiamento para o sector e a dispoñer dun mapa de capacidades para coñecer o estado actual das diferentes entidades que operan no ámbito biotecnolóxico. É o caso de grandes empresas que están a desenvolver proxectos biotecnolóxicos en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha