Íñigo Urkullu tomou posesión do seu cargo como lehendkari por terceira vez nunha sesión extraordinaria do parlamento vasco celebrada na casa de xuntas de Guernica. A pandemia obrigou a reducir o número de convidados, de 300 a só 30 persoas. Entre os asistentes, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, un exlehendakari, o socialista Patxi López, e a presidenta navarra, a socialista María Chivite. Urkullu, igual ca nas dúas ocasións anteriores, xurou o seu cargo baixo a árbore de Guernica, e só en euskera, coa fórmula que xa utilizou en 1936 o lehendakari José Antonio Aguirre. Tras este acto comeza o terceiro mandato de Iñigo Urkullu, que conta con maioría absoluta, por primeira vez en 22 anos, grazas ao pacto PNV-PSE.
43