Innocbr | Programa pioneiro para a detección de infeccións no ámbito hospitalario

1 minutes read
  • Trátase dun software que aplica a intelixencia artificial para buscar e clasificar casos de infección nosocomial.

O Hospital Universitario da Coruña acolle o X Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial (SOGACAL), un encontro no que destaca o uso da intelixencia artificial en programas como o ‘Innocbr’, o sistema de vixilancia destinado á detección de infeccións no ámbito hospitalario.
Este sistema, impulsado polo Servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, en colaboración da Universidade de Vigo, é pioneiro a nivel nacional e sen precedentes en Europa, ao permitir optimizar a información dispoñible en microbioloxía clínica, laboratorio e prescripción farmacéutica.

O CHUAC acolle a décima edición dun Congreso no que diferentes profesionais sanitarios abordan os retos e as oportunidades que se lle presentan ao sistema sanitario público galego, en termos de calidade asistencial. Neste senso, analizarán temas como a lei orgánica da regulación da Eutanasia, os últimos avances en innovación e investigación sanitaria, ou os diferentes ámbitos de xestión da pandemia provocada pola covid-19.