Inportante vitoria do Calvo Xiria BM en Tenerife

Partido en Tenerife 2020.

O Calvo Xiria Balonmán viaxou por segunda vez ás Illas Canarias esta tempada, para medirse este sábado en Tenerife ao BM Tejina La Laguna na décima xornada do grupo A da Primeira Nacional masculina de balonmán. O equipo carballés partía como favorito, coas ideas claras e o obxectivo de lograr a vitoria para poder seguir unha nova semana no máis alto da clasificación e así foi. Os de Adrián Dubra conseguiron facerse cos dous puntos nun encontro igualado por momentos, pero onde sempre levaron a iniciativa, chegando ao descanso tres tantos sobre os canarios, 12-15. No ecuador da segunda metade o Tejina apertou un pouco máis chegando a poñerse a un só gol, pero na recta final os carballeses lograron seguir marcando renda de tres e levar o encontro cinco tantos por encima ao terminar o partido, 26-31. Os tinerfeños seguen sen coñecer a vitoria e aos poucos van minimizando as súas opcións de pelexar pola permanencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha