Inseguridade en Cerceda | Asaltan un almacén na Silva levándose un furgón e preto de 30 mil euros en mercadoría

1 minutes read
  • Preocupación no vecindario pola escasa presenza policial na vila.

Preto das tres e media da madrugada deste sábado foi cando persoas descoñecidas entraron nun almacén de bebidas ubicado na parroquia cercedense da Silva.

Os amigos do alleo, tras cortar a luz e a conexión a internet, inutilizaron o sistema de cámaras e de alarma existente na nave e accederon a ela por unha pequena porta de servizo.

Unha vez dentro usaron unha carretilla existente no lugar para cargar así un furgón Volkswagen de capacidade media, propiedade da empresa, que estaba aparcado no exterior, nas inmediacións da porta por donde entraran.

Segundo confirmou a propiedade, maioritariamente cargaron bebidas alcohólicas valoradas en preto de 30.000 euros, asaltaron tamén a oficina da nave de onde se levaron preto duns 2.000 euros destinados principalmente a moedas de cambio, e a maiores o furgón.

A Garda Civil inspecionaba este sábado as instalacións asaltadas tras a denuncia presentada polo responsable da empresa no cuartel de Ordes. Recolleron información e pegadas e abriron unha investigación para tratar de dar cos responsables deste roubo.

Viciños do lugar mostraban a súa preocupación por este suceso, afirmando que a presenza policial non é suficiente na vila. Cabe lembrar que a base da Policía Local está no Concello de Cerceda. A distancia en coche entre Cerceda e A Silva (situada na parroquia de Rodís, dentro do propio concello de Cerceda) é de 9,6 quilómetros cun tempo estimado de viaxe en coche de 9 minutos.