Instalación dun “columpio” adaptado no Rego da Balsa en Carballo

Trátase de actuacións encamiñadas a adaptar os espazos infantís ás necesidades dos nenos e nenas e a fomentar o xogo como peza fundamental no desenvolvemento das crianzas. Dentro desa filosofía enmárcanse, a construción da cuberta do Parque do Anllóns ou a instalación dunha randeeira adaptada no Parque Rego da Balsa.

A colocación deste novo xogo da un paso máis na consecución de parques infantís inclusivos, onde todos os nenos e nenas poden desfrutar por igual á marxe das súas condicións de mobilidade. Os primeiros elementos adaptados instaláronse no ano 2016 no Parque Eduardo Pondal, e a intención do goberno municipal de Carballo é seguir implantándoos na medida das posibilidades.

A instalación de xogos adaptados dá resposta a unha necesidade e unha demanda social, como tamén o era dispoñer dun espazo cuberto que facilite o ocio infantil tamén no inverno. Ese espazo está creado xa no Parque do Anllóns, que, previsiblemente, a vindeira semana poderá reabrirse para que os nenos e as nenas desfruten dun parque renovado e a cuberto.

Está prevista tamén a instalación dun tobogán sobre pavimento de caucho no parque infantil do Piñeiro de Entrecruces e a creación dunha nova zona de xogos xunto ao campo da festa de Artes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha