Este dispositivo colocouse na praza do Concello, nun lateral do acceso á casa consistorial, por ser unha zona na que se concentra a actividade comercial local e tamén un punto de encontro veciñal.
A información que proporcionan estas pantallas, en conexión con MeteoGalicia, é específica para o lugar, pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de interese segundo a zona —costa (temperatura da auga, ondas, mareas, etc.) ou interior— e estación cálida ou fría —será diferente no verán e no inverno—. Ademais, hai un apartado especial dedicado aos avisos meteorolóxicos e de calidade do aire.
Coa instalación desta pantalla en Ordes, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda completa a posta en funcionamento de máis dunha vintena de pantallas dixitais que xa están localizadas en Santiago de Compostela (2), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.